ACTIVIDADES COAS MEDIDAS
Mai 6th, 2010 by reibonterceiro

Este venres imos facer actividades relacionadas coas medidas de capacidade,
Entra aquí.

Recorda as escalas:

Km

Hm

Dam

m

dm

cm

mm
Entra tamén nesta páxina para facer as actividades que aparecen na pantalla.

Acórdate que tamén podes repasar na casa.

Xogo informático
Abr 21st, 2010 by reibonterceiro

Os que queredes xogar na casa ao Whizzball, podedes facelo premendo neste enlace.

Información para as familias: Trátase dun xogo interesante que desenvolve diferentes cualidades do cerebro (planificación, atención, percepción espacial…), pero convén limitar o tempo que poden xogar.

Ás veces algún puzzle falla, escóllese outro e punto.

Os sentidos
Mar 22nd, 2010 by reibonterceiro

Despois de ver a musculatura e o esqueleto, imos ver como realizamos a función de relación.

Para iso temos os cinco sentidos. Neste  enlace podes ver unha serie de vídeos nos que podemos coñecer as partes do ollo, do oído, os órganos da pel, etc.

O ciclo da auga
Nov 26th, 2009 by reibonterceiro

Xa sabes que a auga ten un ciclo que se repite unha e outra vez.
Clica neste enlace e poderás ver o que sucede.

Imaxe da páxina

Imaxe da páxina

Agora toca poñer mamíferos
Nov 25th, 2009 by reibonterceiro

é un arroaz, pero non é Gaspar

é un arroaz, pero non é Gaspar

A balea é o mamífero mási grande da Terra

A balea é o mamífero mási grande da Terra

O lobo, e non é de conto

O lobo, e non é de conto

O raposo, o que come as galiñas

O raposo, o que come as galiñas

A donicela, un pequeno cazador, tamén coñecido como doniña ou dib¡nusiña

A donicela, un pequeno cazador, tamén coñecido como doniña ou dinusiña

A vaca, esa que da leite e bistés

A vaca, esa que da leite e bistés

O teixugo

O teixugo

O ourizo cacho, unha pelota con espiñas

O ourizo cacho, unha pelota con espiñas

O morcego sae de noite para cazar insectos. Oriéntase con ultrasóns que emite coma se fose un radar

O morcego sae de noite para cazar insectos. Oriéntase con ultrasóns que emite coma se fose un radar

O furón, un pequeno, pero fero cazador

O furón, un pequeno, pero fero cazador

Quen é? Sábelo?

Quen é? Sábelo?

No San Martiño, trompos ao camiño
Nov 18th, 2009 by reibonterceiro

0074690001257243694-

Chegou San Martiño e con el o tempoo dos trompos. Clicade neste enlace e lede a interesante historia do trompo, peón, buxaina…

0014843001257244423-

OS NOMES DOS ANIMAIS. As Aves
Nov 4th, 2009 by reibonterceiro

NA clase vimos o nome calgunhas aves, pero seguro que na casa podedes preguntarlles aos vosos pais e avós o nome doutros paxaros que hai en MOAÑA. Hai que coñecer o nome do que temos na casa.

Aí vos quedan algunhas fotos.

Sabedes que son?

cucoMouchoParrulo_comúnAndoriñapardal galegopegapega

PegaCormorán Grande

AS PAISAXES TERRESTRES. A COSTA
Out 28th, 2009 by reibonterceiro

Neste mapa da Península do Morrazo podes ver Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Fíxate no que é un cabo e no que é un golfo.

CABOS E GOLFOS

Nas fotos que tes debaixo podes ver diferentes acantilados. Fíxate na altura que teñen. Lembra que os acantilados máis altos de Europa están en Galicia.

cANTILES

Caída dun acantilado

Observa como que altura ten a costa.  Lembra que os acantilados máis altos de Europa están en Galicia. Entre San Andrés de Teixido e Cedeira, na provincia da Coruña.

Que medo dá asomarse a esta altura!!!

800px-Acantiladossantoandres

Acantilados en Santo André de Teixido

Fíxate como bate o mar contra o acantilado e forma unha nube.

As paisaxes terrestres. O DESERTO
Out 28th, 2009 by reibonterceiro

Os desertos son lugares onde a vida resulta moi complicada para os seres vivos. Soamente un pequeno grupo de animais e plantas consegue adaptarse á calor ou o frío extremos.
Podes ver esta animación do documental Planeta Tierra.

Saberías responder algunhas preguntas?

Como se chama este deserto?

Onde está?

Cal é a temperatura máis alta no verán? E a máis baixa no inverno?

Como se chama o deserto máis grande do mundo?

COMO SOBREVIVEN AS PLANTAS E ANIMAIS NO DESERTO? OLLA ESTE VÍDEO


O movemento de translación
Out 7th, 2009 by reibonterceiro

Xa viches na clase que o movemento de translación é o que fai a terra arredor do sol e orixina as estacións.

Podes velo neste vídeo.

Hai solsticios e equinoccios. Xa explicamos na clase o que eran. Os solsticios prodúcense no inverno e no verán e os equinoccios na primavera e no outono. Pero isto non é importante.

Se te fixas ben, aquí podes ver como hai épocas en que o sol dá máis na parte de arriba da terra (Norte) que na parte de abaixo (Sur). Por iso cando os do norte están no verán os do sur están no inverno, e ao contrario, cando os do sur están no verán os do norte están no inverno.

traslacion

Traslación terrestre

Olark Livehelp

»  Substance: WordPress   »  Style: Ahren Ahimsa