O ciclo da auga
nov 26th, 2009 por reibonterceiro

Xa sabes que a auga ten un ciclo que se repite unha e outra vez.
Clica neste enlace e poderás ver o que sucede.

Imaxe da páxina

Imaxe da páxina

Agora toca poñer mamíferos
nov 25th, 2009 por reibonterceiro

é un arroaz, pero non é Gaspar

é un arroaz, pero non é Gaspar

A balea é o mamífero mási grande da Terra

A balea é o mamífero mási grande da Terra

O lobo, e non é de conto

O lobo, e non é de conto

O raposo, o que come as galiñas

O raposo, o que come as galiñas

A donicela, un pequeno cazador, tamén coñecido como doniña ou dib¡nusiña

A donicela, un pequeno cazador, tamén coñecido como doniña ou dinusiña

A vaca, esa que da leite e bistés

A vaca, esa que da leite e bistés

O teixugo

O teixugo

O ourizo cacho, unha pelota con espiñas

O ourizo cacho, unha pelota con espiñas

O morcego sae de noite para cazar insectos. Oriéntase con ultrasóns que emite coma se fose un radar

O morcego sae de noite para cazar insectos. Oriéntase con ultrasóns que emite coma se fose un radar

O furón, un pequeno, pero fero cazador

O furón, un pequeno, pero fero cazador

Quen é? Sábelo?

Quen é? Sábelo?

AS PAISAXES TERRESTRES. A COSTA
out 28th, 2009 por reibonterceiro

Neste mapa da Península do Morrazo podes ver Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Fíxate no que é un cabo e no que é un golfo.

CABOS E GOLFOS

Nas fotos que tes debaixo podes ver diferentes acantilados. Fíxate na altura que teñen. Lembra que os acantilados máis altos de Europa están en Galicia.

cANTILES

Caída dun acantilado

Observa como que altura ten a costa.  Lembra que os acantilados máis altos de Europa están en Galicia. Entre San Andrés de Teixido e Cedeira, na provincia da Coruña.

Que medo dá asomarse a esta altura!!!

800px-Acantiladossantoandres

Acantilados en Santo André de Teixido

Fíxate como bate o mar contra o acantilado e forma unha nube.

As paisaxes terrestres. O DESERTO
out 28th, 2009 por reibonterceiro

Os desertos son lugares onde a vida resulta moi complicada para os seres vivos. Soamente un pequeno grupo de animais e plantas consegue adaptarse á calor ou o frío extremos.
Podes ver esta animación do documental Planeta Tierra.

Saberías responder algunhas preguntas?

Como se chama este deserto?

Onde está?

Cal é a temperatura máis alta no verán? E a máis baixa no inverno?

Como se chama o deserto máis grande do mundo?

COMO SOBREVIVEN AS PLANTAS E ANIMAIS NO DESERTO? OLLA ESTE VÍDEO


O movemento de translación
out 7th, 2009 por reibonterceiro

Xa viches na clase que o movemento de translación é o que fai a terra arredor do sol e orixina as estacións.

Podes velo neste vídeo.

Hai solsticios e equinoccios. Xa explicamos na clase o que eran. Os solsticios prodúcense no inverno e no verán e os equinoccios na primavera e no outono. Pero isto non é importante.

Se te fixas ben, aquí podes ver como hai épocas en que o sol dá máis na parte de arriba da terra (Norte) que na parte de abaixo (Sur). Por iso cando os do norte están no verán os do sur están no inverno, e ao contrario, cando os do sur están no verán os do norte están no inverno.

traslacion

Traslación terrestre

A terra
out 1st, 2009 por reibonterceiro

Seguro que sabedes que a terra ten dous movementos:
  • ROTACIÓN
  • TRANSLACIÓN
O movemento de rotación podes velo aquí. Repíteo cantas veces queiras.

Unha parte da terra recibe luz do sol e é de día. A outra, non e por iso é de noite, non hai luz.

A LÚA

Pero a terra non está soa, moi preto dela está a lúa. A lúa non é igual todas as noites, ás veces é máis grande, ás veces é máis pequenas e ás veces non se ve. Son as fases da lúa.
Olla este vídeo.


»  Substancia: WordPress   »  Style: Ahren Ahimsa